Actividades‎ > ‎

Campacole, campacole...!

publicado a la‎(s)‎ 29 mar. 2013 16:51 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 29 mar. 2013 16:57 por Usuario desconocido ]
Así berraban para as fotos os campacoleros aos que, tras o primeiro día, xa lles bastou para agardar con ganas a mañá do día seguinte.

É certo que o tempo non axudou, pero iso non é un problema para os nosos educadores Carlos e Nuria... ben é certo que decidiron non saír de pequerruta, aínda que non sería por ganas, todos os peques viñan preparados para a saída ainda que chovera... pero choveu, choveu abondo!
 
E dis que dese volcán multicolor vai sair lava e todo? -non cho creo: esta Nuria tolea!-

Carlos e Nuria tiveron que tirar de "plan B" e os peques xogaron no ximnasio, pintaron globos, fixeron unhas curiosas xoaniñas, coméronlle as galletas de chocolate de Carlos, prepararon un misterioso volcán ¿será o Teide? ¿que pasará con el o luns? xantaron todos xuntos no comedor, celebraron o cumple de Víctor... Intensa programación que fixo que a mañá pasara nun suspiro.

O mércores, acompañounos "O Presi" toda a mañá -como para perderse un Campacole, vamos- e a hora da comida uníronse as nais e pais dos pequenos campacoleros que quixeron vir a comer connosco e de paso probar o menú que habitualmente se sirve no comedor escolar. Os peques encantados con iso de compartir comedor con papá e mamá e nós encantados de compartilo con eles. 

Os peques aínda non sabían que ao día seguinte compartirían menú e comedor cos seus pais

Pero aínda nos quedaban sorpresas, esta vez para Nuria, que cumpría anos esta Semana Santa... así que as familias puxéronse mans á obra: tartas (si, en plural, ummmmm... todo light claro) agasallos, e coro de campacoleros cantando o "cumpleaños feliz"... de novo unha demostración da implicación das familias en todas as actividades do centro, da ANPA, e coas persoas que están cos nosos peques todos os días e que fan que os vexamos, xa non como uns traballadores, senón como moito máis ca iso.

Abonda con botarlle unha ollada ás fotos para ver o ben que o pasaron os campacoleros

Sen dúbida, un xeito diferente de vivir a escola, dun xeito lúdico, compartindo, convivindo, xantando xuntos, conciliando, aprendendo, xogando... e aínda nos queda o luns!
Comments