Actividades‎ > ‎

Aberto o prazo de inscripción 2013-2014

publicado a la‎(s)‎ 16 sept. 2013 9:50 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 18 sept. 2013 4:39 por Usuario desconocido ]
Dende xa, podes facerte socio, darte de alta no comedor/madrugadores e inscribirte nas actividades extraescolares, tanto nas que organiza a propia ANPA como nas municipais.

Na reunión de mañá darémosvos boa conta de todos os detalles de prezos, horarios, etc... dos calendarios de actividades previstos para infantil e primaria que xa vos adiantamos en xuño. 

Ademáis de tentar aclarar todas as vosas dúbidas trataremos os seguintes asuntos:
  1. Repartiremos os trípticos das actividades municipais para que poidades cumprimentar e entregalos na mesma reunión, e deixaremos exemplares a vosa disposición no centro por se non poidéchedes pasar a cumprimentalos. O prazo de inscripción e pago para estas actividades remata o venres 20.
  2. Tamén mañá, farémosvos chegar a través das mochilas dos alumnos a folla de solicitude das actividades organizadas pola ANPA, que podedes imprimir e cumprimentar ou ven facelo directamente on-line. O prazo de inscripción e pago para estas actividades remata o martes 24.
  3. Para programa de desenvolvemento mental ALOHA Mental Arithmetic se abrirá un prazo de inscripción tras a presentación do programa o próximo mércores ás 19:00 no cole.
  4. Para comedor e madrugadores, ademáis do horario de atención ás familias de setembro que tedes na portada da web, teredes a vosa disposición os formularios de inscripción e domiciliación que poderedes entregar na mesma reunión, lembrámosvos que tedes máis información sobre o comedor no apartado como como?.
  5. Por último, tamén teremos exemplares da ficha de socio para todo aquel que se quera asociar a ANPA As Lavandeiras, tamén as tedes no taboleiro do centro, podedes aclarar neste apartado as vosas dúbidas de como asociarse. Lembrámosvos que os socios de anos anteriores non teredes que cumprimentar de novo a ficha, salvo que queirades actualizar os datos (contacto, tlf., novos fillos matriculados, etc...)
Do mércores 18 ao martes 24 de 16:00 á 17:00 haberá no centro persoal da ANPA para facilitar a inscripción e pago das actividades/cotas de socio.

inscripcións: en papel | on-line
Comments