Actividades‎ > ‎

Ábrese a preinscripción para os cursos de informática

publicado a la‎(s)‎ 18 sept. 2012 3:53 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 23 sept. 2012 9:52 por Usuario desconocido ]
Prazo do 18 ao 21 de setembro para facer a preinscripción nos cursos de informática

Por terceiro curso a ANPA organiza unha actividade de informática adaptada as edades dos máis pequenos, pensado para aprender dun xeito ameno e divertido, será dunha hora semanal por grupo, agás periodos non lectivos segundo o calendario escola. Cunha duración total de 30 horas lectivas cada un dos seguintes grupos:
  1. Grupo A: alumnos de infantil, todos os martes de 16:00 a 17:00 dende o día 9 de outubro ata o 28 de maio.

    Prazas ofertadas: 6

  2. Grupo B: alumnos de infantil, todos os martes de 17:00 a 18:00 dende o día 9 de outubro ata o 28 de maio.

    Prazas ofertadas: 6

  3. Grupo C: alumnos de infantil, todos os xoves de 16:00 a 17:00 dende o día 4 de outubro ata o 30 de maio.

    Prazas ofertadas: 6

  4. Grupo D: alumnos de infantil, todos os xoves de 17:00 a 18:00 dende o día 4 de outubro ata o 30 de maio.

    Prazas ofertadas: 6

  5. Grupo E: alumnos de primaria, todos os venres de 16:00 a 17:00 dende o 28 de setembro ata o 7 de xuño.

    Prazas ofertadas: 15

  6. Grupo F: alumnos de infantil, todos os venres de 17:00 a 18:00 dende o 28 de setembro ata o 7 de xuño.

Prazas ofertadas:6


A nova aula de informática, inaugurada o pasado curso, acollerá aos pequenos alumnos

O prezo total do curso é de 75 € por alumno/ano (inclúe seguro escolar) que se aboará en dous pagos. Os socios da ANPA As Lavandeiras terán unha subvención por fillo de 15 € quedando as cotas como segue:

  1. De principio de curso as vacacións de Nadal: 25 € (20 € para socios)

  2. De xaneiro a fin de curso: 50 € (40 € para socios)

Preinscripción: do 18 ao 21 de setembro, cubre a ficha que che enviamos pola mochila do teu fillo e déixaa no buzón da ANPA, ou faino on-line a través da nosa web, no apartado de actividades extraescolares.

Matrícula: 24 de setembro publicarase a lista de admitidos no taboleiro do centro e na web da ANPA, no caso de máis solicitudes que prazas sortearanse atendendo a orde de preferencia de preinscripción en cada grupo (A, B, C...), só no caso de que a última praza dun grupo sexa adxudicada a 2 ou máis irmáns, se aumentará esta ratio por razóns de conciliación familiar.

A formalización da matrícula, realizarase mediante o pago da cota correspondente ao primeiro trimestre, do día 25 ao 27 de setembro, facendo o ingreso na oficiña de La Caixa de Novo Mesoiro.


A ANPA resérvase o dereito de suspender a organización de un ou varios cursos no caso de non ter quorum necesario para a realización do mesmo. Informarémosvos puntualmente de darse esta situación.

Comments