Actividades‎ > ‎

Ábrese o prazo de matrícula para o curso de inglés

publicado a la‎(s)‎ 1 nov. 2011 17:12 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 1 nov. 2011 17:12 por Usuario desconocido ]
Prazo ata o 7 de novembro para matricularse na actividade de inglés.

Hoxe comeza o prazo de matrícula para o curso de inglés. Podedes matricular aos vosos fillos ata o día 7 de novembro. A actividade comezará o día 10 de novembro e desenvolverase no propio centro escolar todos os xoves lectivos ata o 31 de maio.

Será impartida por unha profesora nativa, con experiencia, que fundamenta o seu método na expresión oral, como xeito de aprendizaxe máis natural dunha lingua, especialmente cos máis cativos, que aprenderán inglés a través do xogo, das cancións, etc, acostumando o seu oído case sen darse conta.

As clases organizaranse en dous grupos cun máximo de 10 alumnos en cada un deles:
  1. Grupo A: alumnos de primaria, todos os xoves lectivos de 16:00 a 17:00
  2. Grupo B: alumnos de infantil, todos os xoves lectivos de 17:00 a 18:00
A matrícula aboarase en 2 prazos, o primeiro de 35 € (25 € para socios da ANPA) e un segundo prazo de 130 € (105 € para socios).

Para formalizar a matrícula só tes que:
  1. Aboar o primeiro prazo da actividade na conta da ANPA As Lavandeiras, na oficina de La Caixa de Novo Mesoiro, indicando no remitente o nome do alumno e no concepto "curso de inglés"
  2. Cumprimentar o formulario on-line de inscripción na actividade.

¡Animádevos a aprender inglés connosco!

Comments