Actividades‎ > ‎

Actividades extraescolares 2011-2012

publicado a la‎(s)‎ 26 ago. 2011 11:04 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 26 ago. 2011 11:42 por Usuario desconocido ]
A Xunta Directiva da ANPA As Lavandeiras estudia a oferta e datas para as actividades extraescolares do vindeiro curso.

Ainda que a Xunta Directiva non perde de vista o tema do comedor, prioritario para a conciliación da vida laboral e familiar da maioría das familias, as datas de inicio do curso achéganse e compre comezar a definir as actividades extraescolares que se porán en marcha a partir do mes de outubro.

Nesta liña de actuación, puxémonos en contacto coa empresa que organizou o curso de informática o ano pasado e que tan boa acollida tivo, para pechar datas os martes e xoves con dúas clases cada día (catro grupos reducidos, 1 hora semanal) de 16:00 a 17:00 e de 17:00 a 18:00. Se todo vai segundo o previsto ademáis os alumnos estrearán aula de informática, renovada e con novos equipos a súa disposición.

Tamén se está a traballar para organizar clases de inglés no propio centro e, sobre todo, incluir ao CEIP Manuel Murguía no programa de "Deporte no centro" xestionado pola Federación Provincial de APAs, na que estamos federados e que se organiza en colaboración co Concello da Coruña.


Teremos que aprobar no Consello Escolar a inclusión do colexio no programa, e poñernos de acordo en que actividades queremos implantar, xa que de solicitar moita oferta poderíamos non chegar ao quórum mínimo en cada actividade para que esta se leve a cabo. Grazas ao incremento na matriculación para este curso 2011-2012 cada vez será máis difícil que teñamos que suspender actividades programadas por falta de alumnos.

Trataremos este e outros asuntos nunha Asamblea Xeral que organizaremos a principios de curso. Terémosvos informados.
Comments