ENTRADAS E SAÍDAS DOS NEN@S NAS ACTIVIDADES
ENTRADAS NEN@S PROCEDENTES DE COMEDOR. 1. 15:50. Os educadores de comedor, recollerán aos nen@s que teñan actividades segundo o día que corresponda, e situaranos no ximnasio segundo a actividade e gardando as distancias esixidas segundo protocolo COVID-19. 2. 15:52. Chega o coordinador do centro de protocolo Covid-19, das actividades extraescolares Carlos ao gimnasio. 3. Procédese á toma de temperatura aos nen@s. En caso: · POSITIVO: o nen@ NON accede á actividade. Chámase aos seus pais, nais ou titores legais. O nen@ xunto co coordinador do centro, esperarán ao pai, nai, titor legai ou persoa autorizada para a súa recollida na aula de illamento (aula de departamento de orientación). · NEGATIVO: O nen@ accede á actividade. 4. Procédese á limpeza de mans con xel desinfectante. 5. O grupo xunto co educador correspondente segundo a actividade, esperará situado no ximnasio ata completarse cos nenos procedentes de casa.
NEN@S PROCEDENTES DA CASA. (15:55 h) 1. 15:55. Hora de entrada. Realizarase pola porta exterior pequena do colexio, (a que está na metade da costa). 2. Os pais, nais, titores legais ou acompañantes xunto cos nen@s, esperarán a que o coordinador do centro Carlos, proceda á toma de temperatura para a comprobación de existencia de febre. En caso: · POSITIVO: o nen@ NON accede á actividade · NEGATIVO: o nen@ accede á actividade. 3. Procédese á limpeza de mans con xel desinfectante. 4. Reúnese co resto do grupo no ximnasio, onde o educador da actividade correspondente e os seus compañeiros estarán ao esperar.
SAÍDAS 17:00 1. 17:00. Realizaranse a través da porta exterior pequena do colexio, (a que está na metade da costa, a mesma que a das entradas). 2. Entregaranse os nenos ordenadamente por grupos, segundo a actividade e mantendo as distancias de seguridade.
Grazas pola vosa responsabilidade.
Lembrade que é a maior e mais eficiente medida para a seguridade de todos os nosos nen@s.
Mantede as distancias de seguridade fóra do recinto escolar. Todas as actividades ofertadas son do Convenio entre o Concello da Coruña e Federación de ANPAS. · DEPORTE NO CENTRO: Xogos motrices,patin, prepatinaxe,multidxt. · IDIOMAS: English lab. Como xa sabedes, o C.E.I. P. Manuel Murguía posúe o Plan COVID-19, plan que en todo momento debe seguirse nas actividades extraescolares. O ANPA xunto con Federación de ANPAS, elaborou un Plan COVID-19 para as actividades extraescolares para o noso colexio. PERÍODO DE REALIZACIÓN 01 de outubro de 2020 ao 31 de maio de 2021. COTAS TRIMESTRAIS A ABOAR Aboaranse 3 cotas ao longo do curso 20/21 nos seguintes períodos: DEPORTE NO CENTRO • Período outubro-decembro: 15€ por participante e escola deportiva. • Período xaneiro-marzo: 15€ por participante e escola deportiva. • Período abril-maio: 10€ por participante e escola deportiva. ARTE E CULTURA NO CENTRO - OBRADOIROS • Período octubre-decembro: 15 € por participante e Obradoiro. • Período xaneiro-marzo: 15 € por participante e Obradoiro. • Período abril-maio: 10 € por participante e Obradoiro. IDIOMAS: ENGLISH LAB • Período outubro-decembro: 45€ por participante/ trimestre. (15 € por participante/mes) • Período xaneiro-marzo: 45€ por participante/ trimestre. (15 € por participante/mes) • Período abril-maio: 30€ por participante/ trimestre. (15 € por participante/mes) SEGURO DE ACCIDENTES PRAZOS E LUGAR DE INSCRICIÓN CONTINÚA ABERTO A inscrición farase en liña a través da seguinte ligazón que figura abaixo, e posta a disposición segundo o centro educativo no que estea matriculado a nena ou o neno participante. con calquera dúbida ou consulta poñédevos en contacto no mail: actividades@aslavandeiras.es CONDICIÓNS XERAIS DE PARTICIPACIÓN* • Estar matriculado nun centro público do concello de A Coruña. • Formalizar a inscrición on-line e aboar a cota das actividades solicitadas. • Deberán inscribirse un mínimo de 10 participartes para a formación de grupo. • Se un participante precisase un apoio específico deberá indicalo no formulario de inscrición. Esta solicitude de apoio será estudada pola Federación Provincial de ANPAs para valorar a súa viabilidade en función dos recursos dispoñibles. • Se non se puidese formar un grupo por non chegar ao mínimo de participantes, non dispoñer dos recursos humanos, materiais ou instalacións axeitadas, facilitarase aos solicitantes a inclusión noutro grupo xa formado ou ben valorarase conxuntamente coas familias substituir esa actividade por outra que si requira as condicións necesarias para a súa posta en marcha. • Aboar a cota única de 4€ en concepto de seguro de accidentes que lle dará cobertura en calquera das actividades xestionadas pola Federación de ANPAs no curso 20/21. • En caso de ser beneficiario da exención de cota dos programas, exhibir a requerimento da Federación de ANPAS o documento acreditativo de ser beneficiario da beca comedor para o curso 20/21. • Cumprir as normas de convivencia do centro e manter unha actitude de respecto no desenvolvemento das actividades. En caso de non cumprirse aplicaráse o protocolo sancionador presente no centro educativo ou na ANPA dese centro. • As actividades solicitadas serán escollidas entre todas as ofertadas por o ANPA no centro no que está matriculado. Poderán acollerse participantes da contorna do centro, aínda que non estean matriculadas/ os nel, sempre que sexa xustificada a súa participación e o Consello Escolar do centro receptor así o aprobe. * Estas condicións xerais de participación manteránse para todos os programas de lecer |
Actividades >