Actividades‎ > ‎

Admitidos. Informática 2011-2012

publicado a la‎(s)‎ 28 sept. 2011 16:10 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 28 sept. 2011 16:55 por Usuario desconocido ]
Unha vez publicadas as listas de admitidos nos cursos de informática, ábrese o prazo de matrícula ata o luns día 3 de outubro.

Por segundo ano consecutivo comezarán no CEIP Manuel Murguía os cursos de informática organizados, unha vez máis, grazas a colaboración da Obra Social da Fundación La Caixa, materializada a través do excepcional equipo humano da oficina coa que conta esta entidade en Novo Mesoiro.

Impartidos polo Centro de Formación OGalego.es, este ano decidiuse mellorar, se cabe, a oferta do pasado curso, ofertando 4 grupos cun máximo de 6 alumnos para os rapaces de infantil e 14 para os de primaria, adaptando así perfectamente os contidos a cada tramo de edade, e dando unha atención ao alumnado prácticamente individualizada.

Aquí tedes as ligazóns as listas de admitidos por grupos:

¿Que como fas para matricularte? telo moi doado:
  1. Cumprimenta a circular de matrícula en papel, que vos chegará a través dos alumnos, e deposítaa no buzón da ANPA no colexio, ou agora tamén podes facelo on-linenovo cumprimentando o formulario de matrícula.
  2. Achégate pola oficina de La Caixa en Novo Mesoiro e paga a cota do curso, 65€ por alumno, facendo constar o nome do mesmo para que así identifiquemos con facilidade o ingreso.

Lembrámosche que poderás acceder a unha bolsa de estudio de 60 € por alumno ofrecida pola Obra Social da Fundación La Caixa se cumpres estes dous requisitos:

  1. Ser socio da ANPA As Lavandeiras
  2. Ter unha Megalibreta na oficina 5876 de La Caixa de Novo Mesoiro ao nome do alumno que matriculedes.
Os pagos destas bolsas realizaranse nos primeiros días do curso, en canto se comproben estes dous requisitos, e abonaranse na dita Megalibreta.

Que non se che pase:

Luns 3 de outubro, último día de matrícula
Comments