Actividades‎ > ‎

Arranca o primeiro campamento de Nadal no cole

publicado a la‎(s)‎ 26 dic. 2012 4:46 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 11 ene. 2013 3:37 por Usuario desconocido ]
Hoxe ás 9:00 da mañán chegaban os máis madrugadores dispostos a disfrutar dun xeito diferente estes tres días no cole.

A "experiencia piloto" da ANPA de organizar un Campamento Urbán no centro nestes días de festas tivo boa acollida entre os alumnos, que vivirán o cole dun xeito diferente compartindo cos seus compañeiros este tempo de lecer,  e entre as nais e pais que, nas vacacións escolares vense facendo verdadeiros "xogos malabares" cos cativos para poder conciliar a vida familiar coa laboral

Fotos dos participantes no primeiro campamento no cole organizado pola ANPA As Lavandeiras

En vista do resultado, a ANPA traballa xa coa idea de ofrecer actividades do mesmo estilo en Semana Santa ou noutros periodos non lectivos, coa dobre intención: ludico-educativa para os cativos, e facilitadora da conciliación para as familias.
Comments