Actividades‎ > ‎

Arsenal de Tetra-Brik para recibir aos Dalton

publicado a la‎(s)‎ 27 ene. 2013 8:44 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 17 feb. 2013 9:06 por Usuario desconocido ]

Os obradoiros de entroido van dando os seus froitos e o armamento xa case está listo para recibir aos Dalton como se merecen.

Mal sabían os temibles irmáns Dalton que, no seu paso polo Gran Cañón de Feáns, ían estar ameazados por estes Colt 45, construídos artesanalmente na armería do CEIP Manuel Murguía.

Deseño, reciclaxe, pegamento e ganas de facer as cousas con estilo propio é o único necesario para acompañar a Lucky Luke armados con este revólver que converte os cartóns de leite nunha auténtica "arma lechal".

Xa non nos queda nada para o entroido, e mañán luns 28 a partir das 17:30 xuntarémonos de novo no Centro Cívico de Mesoiro para seguir con estes obradoiros. 

Aínda estades a tempo de participar na comparsa de entroido que está preparando a AAVV de Feáns, pasarémolo ben. 

¡Animádevos a participar!
Comments