Actividades‎ > ‎

Bolsas de estudio para os alumnos de inglés

publicado a la‎(s)‎ 9 feb. 2012 2:12 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 9 feb. 2012 2:13 por Usuario desconocido ]
A Obra Social da Fundación La Caixa colabora novamente coa ANPA As Lavandeiras e ofrece unhas bolsas de estudio para o alumnado de inglés.

Se sodes socios da ANPA e ademáis lle tedes unha Megalibreta aberta aos vosos fillos/as na sucursal de Mesoiro de La Caixa, xa tedes ingresada nesa conta unha axuda de estudios de 25 € por alumno para todos os matriculados nos cursos de inglés de infantil e primaria.

Grazas de novo a entidade en xeral, e ao persoal da oficina en particular, pola súa colaboración coas actividades promovidas por esta ANPA.

Aproveitamos para lembrarvos que, aínda que o grupo de alumnos de infantil está completo, aínda queda algunha vacante para os alumnos de primaria, tedes máis información nesta entrada, que aínda que fai referencia ao primeiro prazo do curso é perfectamente válida para que vos inscribades a través do formulario on-line.
Comments