Actividades‎ > ‎

Campacole Xuño

publicado a la‎(s)‎ 29 may. 2016 8:28 por Belén Arias García   [ actualizado el 29 may. 2016 9:16 ]
Parece que foi ayer cando empezou o curso pero xa esta a piques de rematar. Por eso estamos a organizar un campacole para que nos axude a todos coa conciliación familiar.

Teremos xogos, manualidades, pequenas pequerrutas para coñecer o contorno, convivencia cos seus compañeiros do cole ... e ao mesmo tempo as familias poderán conciliar a vida laboral, cada día máis complicada, cos periodos non lectivos.

DATOS DO CAMPACOLE XUÑO 2016


  • Días: 23, 27, 28, 29, 30 de Xuño 1 de Xullo
  • Horario: de 8:00 á 16:00 
  • Comida: incluida (2 pratos + auga mineral + postre)
  • Duas modalidades
    • Campacole + Comida : por alumno, para os 6 días
      • Socios: 85 €/alumno (desconto incluido)
      • Non Socios: 100 €/alumno
    • Campacole: por alumno, para os 6 días
      • Socios: 60 €/alumno (desconto incluido)
      • Non Socios: 75 €/alumno
  • Horario entrada: libre entre 8:00 e 10:00    
  • Horario saida: ás 14:00 e ás 16:00.
  • Límite inscripción: domingo 12 junio.
  • Desconto 2º irmán 10%



Estes prezos están pensados para un mínimo de 10 nenos, se non chegamos a ese número o precio veráse modificado. E se non temos un mínimo de 8 nenos veremonos na obriga de suspendelo.

O día 13 publicarase se sé leva a cabo o campacole, en caso de quedar plazas manteremos aberta a inscripción ata o día 20.

Manteremosvos informados das novas que se podan producir o respecto.


Ante calquera dúbida podedes enviar un mail a actividades@aslavandeiras.es



Os alumnos deberán levar a merenda para media mañá xa que, como é habitual no cole, farán unha parada para repoñer as forzas.

O campacole ademáis de xogos, obradoiros, etc... ten previsto incluir unha das nosas pequerrutas na súa programación, se o tempo acompaña. Informarémosvos do día escollido para que os participantes asistan coa indumentaria adecuada.

Os alumnos inscritos poderán facer uso total ou parcial do horario establecido, comedor e días do campacole pero, debido ao número de inscripcións previstas, o dito uso parcial non suporá unha reducción na cota do campacole.

Non haberá transporte escolar, as familias entregarán e recollerán aos participantes no propio centro accedendo, como é habitual, pola porta do ximnasio.

Lembra facer o ingreso/transferencia na conta da ANPA ES84 2100 5876 2802 0003 1785 para completar a inscripción. Concepto: Indica o nome do alumno inscrito.

En caso de non acadar o mínimo de nenos para poder organizalo avisarásevos da sua cancelación coa mayor antelación posible.

Xa podes inscribirte!


Comments