Actividades‎ > ‎

Campacole. Nadal 2013-2014

publicado a la‎(s)‎ 10 dic. 2013 6:09 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 10 dic. 2013 6:09 por Usuario desconocido ]

Volven os "campacoles" con prezos entorno aos 11 €/día en horario de 8:30 á 16:00 e coa comida incluída.

Tras a boa acollida dos campacoles do curso pasado pretendemos darlle continuidade a estes campamentos no propio centro escolar, en periodos non lectivos, que permitan aos alumnos vivir a escola dun xeito diferente, educativo si, pero dende un punto de vista lúdico, a través do xogo, manualidades, pequenas pequerrutas para coñecer o contorno, nunha convivencia cos seus compañeiros do cole que, ao mesmo tempo permita ás familias conciliar a vida laboral, cada día máis complicada, cos periodos non lectivos.


As instalacións do CEIP Manuel Murguía acollerán aos campacoleros estes días de Nadal

Coma ben sabedes os inicios sempre son o máis difícil e para que as novas iniciativas comecen a camiñar hai que botarlle unha man. Neste cole, a pesar do crecemento nos últimos cursos, segue a ser fundamental o número de alumnos para que as actividades e os servicios boten a andar e se consoliden, estamos seguros que isto será así, por iso animámosvos a participar, cada un de vos é importante, se seguimos nesta liña estamos seguros que esta iniciativa consolidarase e mellorará curso tras curso.

O CAMPACOLE DE NADAL 2013-2014


  • Días: 23, 26, 27, 30 de decembro e 2, 3, 7, 8 de xaneiro (días non lectivos)
  • Horario: de 8:30 á 16:00 (comida incluída)
  • Prezos: por alumno para os 8 días, comida incluída (2 pratos + auga mineral + postre)
    • Socios: 90 €/alumno
    • Non Socios: 120 €/alumno
  • Inscripción e pago: ata o xoves 19 de decembro de 2013
  • O horario de entrada será entre 8:30 e 10:00, e haberá dous horarios de saída: ás 14:00 e ás 16:00.

Os alumnos deberán levar o almorzo para media mañán, xa que se fará unha parada para repoñer as forzas.

O campacole ademáis de xogos, obradoiros, etc... ten previsto incluir unha das nosas pequerrutas na súa programación, se o tempo acompaña, informarémosvos do día escollido para que os participantes asistan coa indumentaria adecuada.

Os alumnos inscritos poderán facer uso total ou parcial do horario establecido, comedor e días do campacole pero, debido ao número de inscripcións previstas, o dito uso parcial non suporá unha reducción na cota do campacole.

Non haberá transporte escolar, as familias entregarán e recollerán aos participantes no propio centro accedendo, como é habitual, pola porta do ximnasio.


INSCRIPCIÓN E PAGO


Cumprimenta unha ficha de inscripción por alumno, e déixanola no buzón da ANPA ou, preferiblemente, cumprimenta o formulario nesta inscripción on-line

Lembra facer o ingreso/transferencia á conta da ANPA antes do xoves 19 de decembro, para completar a inscripción, indicando o nome do alumno inscrito.



A ANPA resérvase o dereito de modificar ou cancelar as datas, horarios e actividades do campacole por motivos metereolóxicos, disponibilidade das instalacións, falta de quóurum, etc. Informarémosvos puntualmente desta circunstancia.


Comments