Actividades‎ > ‎

Campacole. Semana Santa 2013

publicado a la‎(s)‎ 13 mar. 2013 5:08 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 13 mar. 2013 5:11 por Usuario desconocido ]
A ANPA As Lavandeiras segue innovando coa programación de actividades e pon en marcha un novo proxecto: "Os Campacoles" 

Tras os bos resultados do ensaio co campamento de Nadal, e atendendo as suxestións que nos ides facendo chegar, imos por en marcha un novo proxecto que pretende ter cotinuidade curso tras curso: campamentos no propio centro escolar, en periodos non lectivos, que permitan aos alumnos vivir a escola dun xeito diferente, educativo si, pero dende un punto de vista lúdico, a través do xogo, manualidades, pequenas pequerrutas para coñecer o contorno, nunha convivencia cos seus compañeiros do cole que, ao mesmo tempo permita ás familias conciliar a vida laboral, cada día máis complicada, cos periodos non lectivos.

Nacen: “Os campacoles” da ANPA As Lavandeiras.

O centro abrirá as súas portas en Semana Santa para recibir aos "campacoleros"


Por menos de 9 €/día os nenos poderán xogar, estar cos seus amigos, divertirse, aprender, camiñar na natureza, xantar no cole... en definitiva, vivir unha esperiencia diferente.

Coma ben sabedes os inicios sempre son o máis difícil e para que as novas iniciativas comecen a camiñar hai que botarlle unha man. Neste cole, a pesar do crecemento nos últimos cursos, segue a ser fundamental o número de alumnos para que as actividades e os servicios boten a andar e se consoliden, estamos seguros que isto será así, por iso animámosvos a participar: cada un de vos é importante.



O CAMPACOLE DE SEMANA SANTA 2013


  • Días: 25, 26, 27 de marzo e 1 de abril (4 días non lectivos)
  • Horario: de 8:30 á 16:00 (comida incluída)
  • Prezos: por alumno para os 4 días, comida incluída(2 pratos + auga mineral + postre)
      • Socios: 35 €/alumno | 65 € (dous irmáns)
      • Non Socios: 50 €/alumno | 90 € (dous irmáns)
  • Inscripción e pago: ata o xoves 21 de marzo de 2013

O horario de entrada será entre 8:30 e 10:00, e haberá dous horarios de saída: ás 14:00 e ás 16:00.

Os alumnos deberán levar o almorzo para media mañán, xa que se fará unha parada para repoñer as forzas.

O campacole ademáis de xogos, obradoiros, etc... ten previsto incluir unha das nosas pequerrutas na súa programación, se o tempo acompaña, polo barrio de Feáns, informarémosvos do día escollido para que os participantes asistan coa indumentaria adecuada


Podedes inscribirvos on-line ou ben cumprimentar a ficha en papel que se distribuirá a través das  mochilas do alumnado.


Comments