Actividades‎ > ‎

Campacole Semana Santa 2015

publicado a la‎(s)‎ 4 mar. 2015 10:37 por Usuario desconocido   [ actualizado el 6 mar. 2015 7:51 ]
E outro ano máis chegan as vacacións de Semana Santa e con elas o Campacole!, como dicimos sempre, outra forma de vivir a escola.

Teremos xogo, manualidades, pequenas pequerrutas para coñecer o contorno, convivencia cos seus compañeiros do cole ... e ao mesmo tempo as familias poderán conciliar a vida laboral, cada día máis complicada, cos periodos non lectivos.

DATOS DO CAMPACOLE DA SEMANA SANTA 2015


  • Días: 30, 31 de Marzo, 1 e 6 de abril (días non lectivos)
  • Horario: de 8:30 á 16:00 (dependendo das solicitudes podería empezar ás 8:00)
  • Comida: incluida (2 pratos + auga mineral + postre)
  • Prezos: por alumno, para os 4 días, comida incluída 
    • Socios: 45 €/alumno
    • Non Socios: 60 €/alumno
  • Horario entrada: libre entre 8:30 e 10:00     Horario saida: ás 14:00 e ás 16:00.
  • Límite inscripción: venres 20 marzo.



Os alumnos deberán levar a merenda para media mañá xa que, como é habitual no cole, farán unha parada para repoñer as forzas.

O campacole ademáis de xogos, obradoiros, etc... ten previsto incluir unha das nosas pequerrutas na súa programación, se o tempo acompaña. Informarémosvos do día escollido para que os participantes asistan coa indumentaria adecuada.

Os alumnos inscritos poderán facer uso total ou parcial do horario establecido, comedor e días do campacole pero, debido ao número de inscripcións previstas, o dito uso parcial non suporá unha reducción na cota do campacole.

Non haberá transporte escolar, as familias entregarán e recollerán aos participantes no propio centro accedendo, como é habitual, pola porta do ximnasio.

Lembra facer o ingreso/transferencia na conta da ANPA antes do venres 20 de abril para completar a inscripción. Concepto: Indica o nome do alumno inscrito

Xa podes inscribirte!


Comments