Actividades‎ > ‎

Campacole Semana Santa 2015 - Preparados, listos ...

publicado a la‎(s)‎ 27 mar. 2015 18:14 por Usuario desconocido   [ actualizado el 27 mar. 2015 19:42 ]
Xa temos todo listo para disfrutar dun novo Campacole. As portas abrirán ás 8:30 e disfrutarán de múltiples actividades motrices, plásticas e de animación á lectura e teatral. Xogarán todo o día, teremos piratas, astronautas, circo e olimpiadas.

Recordade que non teremos transporte escolar, as familias levarán aos participantes ata o centro accedendo pola porta principal. As catas realizadas están tapadas pero parece que olvidaron levar a escavadora, polo que evitaremos usar esa zona.

Os alumnos deberán levar a merenda para media mañá xa que, como é habitual no cole, farán unha parada para repoñer as forzas.

O menú ten unha pinta estupenda. Aqueles que indicaron algunha alerxia recibirán un xantar adaptado a eles.


Os horarios de saida serán de 13:45 a 14:00, e de 15:45 a 16:00. Se necesitade algunha adaptación comentadeo cando deixedes aos nenos para ver se é posible adaptarse.

O mércores, se o tempo non é un desastre, teremos unha "Pequerruta" moi interesante á que están invitadas as familias e persoal do centro. Teremos tamén xornada de "portas abertas" no comedor para pasar un día de convivencia en familia.

Tedes aquí toda a información da Pequerruta (lugar, hora, ...) e a información do Xantar (hora, prezo, ...) así como o formulario de inscripción. 


Esperamos que os nenos o pasen de marabilla, como é habitual, e que vos animedes a participar na pequerruta e no xantar.

Comments