Actividades‎ > ‎

Campacole Semana Santa 2016

publicado a la‎(s)‎ 28 feb. 2016 4:47 por Belén Arias García
E outro ano máis chegan as vacacións de Semana Santa e con elas o Campacole!, como dicimos sempre, outra forma de vivir a escola.

Teremos xogo, manualidades, pequenas pequerrutas para coñecer o contorno, convivencia cos seus compañeiros do cole ... e ao mesmo tempo as familias poderán conciliar a vida laboral, cada día máis complicada, cos periodos non lectivos.

DATOS DO CAMPACOLE DA SEMANA SANTA 2016


  • Días: 21, 22, 23 e 28 de Marzo (días non lectivos)
  • Horario: de 8:30 á 16:00 (dependendo das solicitudes podería empezar ás 8:00)
  • Comida: incluida (2 pratos + auga mineral + postre)
  • Duas modalidades
    • Campacole + Comida : por alumno, para os 4 días
      • Socios: 55 €/alumno
      • Non Socios: 65 €/alumno
    • Campacole: por alumno, para os 4 días
      • Socios: 40 €/alumno
      • Non Socios: 50 €/alumno
  • Horario entrada: libre entre 8:00 e 10:00    
  • Horario saida: ás 14:00 e ás 16:00.
  • Límite inscripción: mercores 17 marzo.



Se conseguimos chegar a un mínimo de nenos que fagan uso do campacole todos os días poderiamos ofertar días soltos. Manteremosvos informados das novas que se podan producir o respecto.



Os alumnos deberán levar a merenda para media mañá xa que, como é habitual no cole, farán unha parada para repoñer as forzas.

O campacole ademáis de xogos, obradoiros, etc... ten previsto incluir unha das nosas pequerrutas na súa programación, se o tempo acompaña. Informarémosvos do día escollido para que os participantes asistan coa indumentaria adecuada.

Os alumnos inscritos poderán facer uso total ou parcial do horario establecido, comedor e días do campacole pero, debido ao número de inscripcións previstas, o dito uso parcial non suporá unha reducción na cota do campacole.

Non haberá transporte escolar, as familias entregarán e recollerán aos participantes no propio centro accedendo, como é habitual, pola porta do ximnasio.

Lembra facer o ingreso/transferencia na conta da ANPA ES84 2100 5876 2802 0003 1785 antes do mercores 17 de marzo para completar a inscripción. Concepto: Indica o nome do alumno inscrito.

En caso de non acadar o mínimo de nenos para poder organizalo avisarásevos da sua cancelación coa mayor antelación posible.

Xa podes inscribirte!

Comments