Actividades‎ > ‎

Campacole: xuño 2013

publicado a la‎(s)‎ 10 jun. 2013 6:26 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 10 jun. 2013 6:31 por Usuario desconocido ]

Tras a bóa acollida dos dous campacoles de decembro e Semana Santa pretendemos darlle continuidade a estes campamentos no propio centro escolar, en periodos non lectivos, que permitan aos alumnos vivir a escola dun xeito diferente, educativo si, pero dende un punto de vista lúdico, a través do xogo, manualidades, pequenas pequerrutas para coñecer o contorno, nunha convivencia cos seus compañeiros do cole que, ao mesmo tempo permita ás familias conciliar a vida laboral, cada día máis complicada, cos periodos non lectivos.


As instalacións do CEIP Manuel Murguía acollerán aos campacoleros os últimos días de xuño

Coma ben sabedes os inicios sempre son o máis difícil e para que as novas iniciativas comecen a camiñar hai que botarlle unha man. Neste cole, a pesar do crecemento nos últimos cursos, segue a ser fundamental o número de alumnos para que as actividades e os servicios boten a andar e se consoliden, estamos seguros que isto será así, por iso animámosvos a participar, cada un de vos é importante, se seguimos nesta liña estamos seguros que esta iniciativa consolidarase e mellorará curso tras curso.


O CAMPACOLE DE XUÑO DE 2013


  • Días: 25, 26, 27 e 28 de xuño (días non lectivos)
  • Horario: de 8:30 á 16:00 (comida incluída)
  • Prezos: por alumno para os 4 días, comida incluída(2 pratos + auga mineral + postre)
    • Socios: 45 €/alumno | 80 € (dous irmáns)
    • Non Socios: 55 €/alumno | 100 € (dous irmáns)
  • Inscripción e pago: ata o mércores 19 de xuño de 2013
  • O horario de entrada será entre 8:30 e 10:00, e haberá dous horarios de saída: ás 14:00 e ás 16:00.

Os alumnos deberán levar o almorzo para media mañán, xa que se fará unha parada para repoñer as forzas.

O campacole ademáis de xogos, obradoiros, etc... ten previsto incluir unha das nosas pequerrutas , tentaremos facer a que non se puido en Semana Santa (ver), na súa programación, se o tempo acompaña, polo barrio de Feáns, informarémosvos do día escollido para que os participantes asistan coa indumentaria adecuada.

Os alumnos inscritos poderán facer uso total ou parcial do horario establecido, comedor e días do campacole pero, debido ao número de inscripcións previstas, o dito uso parcial non suporá unha reducción na cota do campacole.

Non haberá transporte escolar, as familias entregarán e recollerán aos participantes no propio centro accedendo, como é habitual, pola porta do ximnasio.


INSCRIPCIÓN E PAGO


Cumprimenta unha ficha de inscripción por alumno, e déixanola no buzón da ANPA ou, preferiblemente, tamén tes dispoñible a inscripción on-line

Lembra facer o ingreso/transferencia á conta da ANPA antes do mércores 19 de xuño, para completar a inscripción, indicando o nome do alumno inscrito.



A ANPA resérvase o dereito de modificar ou cancelar as datas, horarios e actividades do campacole por motivos metereolóxicos, disponibilidade das instalacións, falta de quóurum, etc. Informarémosvos puntualmente desta circunstancia.


Inscripción online

Comments