Actividades‎ > ‎

Campacole. Xuño 2014

publicado a la‎(s)‎ 5 jun. 2014 4:02 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 5 jun. 2014 4:02 por Usuario desconocido ]

A ANPA, recollendo as demandas das familias volve a apostar pola conciliación da vida laboral e familiar cun campacole para os 5 días non lectivos deste mes de xuño.


Tras a boa acollida dos campacoles, que incrementan os participantes con cada edición, a ANPA segue tentando darlle continuidade a estes campamentos no propio centro escolar, en periodos non lectivos, que permitan aos alumnos vivir a escola dun xeito diferente, educativo si, pero dende un punto de vista lúdico, a través do xogo, manualidades, pequenas pequerrutas para coñecer o contorno, nunha convivencia cos seus compañeiros do cole que, ao mesmo tempo permita ás familias conciliar a vida laboral, cada día máis complicada, cos periodos non lectivos.


As instalacións do CEIP Manuel Murguía acollerán aos campacoleros este mes de xuño

A pesar do crecemento nos últimos cursos, segue a ser fundamental o número de alumnos para que as actividades e os servicios boten a andar e se consoliden, nos tentámos sempre sacar todas as vosas suxestións a adiante e estamos seguros de que coa vosa colaboración conseguirémolo, por iso animámosvos a participar, cada un de vos é importante, se seguimos nesta liña estamos convencidos de que esta iniciativa, como tantas outras, consolidarase e mellorará curso tras curso.


O CAMPACOLE DE XUÑO 2014


  • Días: 23, 25, 26, 27 e 30 de xuño (días non lectivos)
  • Horario: de 8:30 á 16:00 (comida incluída)
  • Prezos: por alumno para os 5 días, comida incluída (2 pratos + auga mineral + postre)
    • Socios: 55 €/alumno
    • Non Socios: 70 €/alumno
  • Inscripción e pago: ata o mércores 18 de xuño de 2014
  • O horario de entrada será entre 8:30 e 10:00, e haberá dous horarios de saída: ás 14:00 e ás 16:00.


Os alumnos deberán levar o almorzo para media mañán, xa que se fará unha parada para repoñer as forzas.

campacole ademáis de xogos, obradoiros, etc... ten previsto incluir algunha das nosas pequerrutas na súa programaciónse o tempo acompaña, informarémosvos do día escollido para que os participantes asistan coa indumentaria adecuada.

Os alumnos inscritos poderán facer uso total ou parcial do horario establecido, comedor e días do campacole pero, debido ao número de inscripcións previstas, o dito uso parcial non suporá unha reducción na cota do campacole.

Non haberá transporte escolar, as familias entregarán e recollerán aos participantes no propio centro accedendo, como é habitual, pola porta do ximnasio.


INSCRIPCIÓN E PAGO


Cumprimenta unha folla de inscripción por alumno, e déixanola no buzón da ANPA ou, preferiblemente, cumprimenta o formulario nesta inscripción on-line


Lembra facer o ingreso/transferencia á conta da ANPA antes do mércores 18 de xuño, para completar a inscripción, indicando o nome do alumno inscrito.



A ANPA resérvase o dereito de modificar ou cancelar as datas, horarios e actividades do campacole por motivos metereolóxicos, disponibilidade das instalacións, falta de quóurum, etc. Informarémosvos puntualmente desta circunstancia.

Comments