Actividades‎ > ‎

Campacole Xuño 2015 - English Camp!

publicado a la‎(s)‎ 25 may. 2015 5:11 por Usuario desconocido   [ actualizado el 15 jun. 2015 7:37 ]

E outro ano máis chegan as vacacións de verán e con elas o Campacole. Teremos xogos, obradoiros, “pequerruta”, ... e ao mesmo tempo as familias poderán conciliar a vida laboral.


NOVO HORARIO: Os nenos poderán acceder ao campacole dende as 8:00am


NOVA MODALIDADE: Aceptaranse inscripcións no campacole sen contratar o servicio de comidas. Neste caso a saída será as 14:00. Por este motivo teremos dous prezos, un para o campacole (ata as 14:00h) e outro para os que acudan ao campacole mais quedan a comer.


ACTUALIZADO: Aceptaranse inscripción por días soltos, con e sen comida.






INGLÉS: se temos os suficientes inscritos, teremos 4 horas de actividades en inglés. Future Learning, a empresa que realiza as actividades de inglés, enviaranos (a precio de custe) un monitor nativo que dirixirá múltiples actividades lúdicas; a mesma empresa facilitará o material gratuitamente. Podedes consultar as activades no Facebook de FutureLearning


  • Días: 22, 23, 25, 26, 29 e 30 de Xuño.


  • Horario entrada: libre de 8:00 a 10:00    Horario saída: 14:00 e 16:00


  • Os socios terán un desconto de 25€ para os 6 días ou de 4€ para as modalidades de días soltos (ver prezos finais a continuación)


  • Prezos Socios:

               6 días Campacole: 50€ (8:00 a 14:00) - Inclúe desconto de socio
               6 días Campacole + Comida: 75€ (8:00 a 16:00) Inclúe desconto de socio
            Día solto Campacole: 10€ (8:00 a 14:00) - Inclúe desconto de socio
            Día solto Campacole + Comida : 14€ (8:00 a 16:00) - Inclúe desconto de socio

  • Prezo non-socios:

               Campacole: 75€ (8:00 a 14:00) - Inclúe seguro

            Campacole + Comida: 100€ (8:00 a 16:00) - Inclúe seguro

            Día solto Campacole: 10€ (8:00 a 14:00) - Inclúe seguro
            Día solto Campacole + Comida: 14€ (8:00 a 16:00) - Inclúe seguro

Os alumnos deberán levar a merenda para media mañá xa que, como é habitual no cole, farán unha parada para repoñer as forzas.


O venres 26 está previsto incluir unha das nosas pequerrutas, sempre que o tempo acompañe. Aquelas familias que non vaian ao campacole pero queiran participar na pequerruta e comer con nós poderán facelo (prezo da comida 5€/persoa). Para inscribirse á pequerruta o límite de inscripción será o xoves 25 ás 15:00pm


Non haberá transporte escolar, as familias entregarán e recollerán aos participantes no propio centro accedendo, como é habitual, pola porta do ximnasio.


Agradecémosvos que fagades a inscripción na web da ANPA http://www.aslavandeiras.es e o pago por transferencia, ou no caixeiro. Concepto:  Campa + Nome do alumno. ACTUALIZADO: Data límite de inscripción: venres 19 de xuño ás 15:00pm.




Comments