Actividades‎ > ‎

Campamentos de Nadal no cole

publicado a la‎(s)‎ 20 dic. 2012 4:02 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 25 dic. 2012 11:13 por Usuario desconocido ]
A ANPA pon en marcha esta nova iniciativa aberta, coma sempre, a todo o alumnado do CEIP Manuel Murguía.

Seguindo a nosa premisa de "cando menos hai que intentalo" este Nadal convidámosvos a compartir cos vosos compañeiros do cole un campamento no propio centro os vindeiros días 26, 27 e 28 de decembro

Partindo dunhas premisas educativas o campamento terá unha programación eminentemente lúdica, que permitirá compartir aos cativos un tempo de lecer nestas vacacións, e a moitas familias poder conciliar coa xa de por si difícil vida laboral.

Desenvolverase no horario lectivo habitual de 9:00 a 14:00 e contará con servizo de transporte a ida e a volta nas paradas habituais co transporte escolar. Coma sempre a ANPA As Lavandeiras resérvase o dereito de suspender a actividade, previo aviso, por falta de quorum ou calquera outra circunstancia allea a propia asociación. As prazas serán limitadas para manter sempre a ratio entre alumnos/monitor necesaria para o correcto desenvolvemento da actividade.

Cómpre, dadas as datas da convocatoria, axilizar ao máximo as inscripcións e pagos, para o cal estaremos no centro hoxe e mañán de 16:00 a 18:00 para recoller as inscripcións, e facilitar o correspondente pago da actividade.

Podedes descargar dende aquí o díptico con toda a información para inscribirse.

A ruta do transporte será a habitual coas paradas habituais, podedes vela no seguinte mapa:

Ruta do autobús




Comments