Actividades‎ > ‎

Comezan as actividades do programa "Deporte no centro"

publicado a la‎(s)‎ 14 oct. 2011 9:52 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 14 oct. 2011 9:52 por Usuario desconocido ]
O vindeiro luns día 17 de outubro arrancan as actividades incluídas no programa municipal de Deporte no Centro.

Esta mesma mañán, a Federación Provincial de APAs de Centros Públicos da Coruña, comunicounos que as escolas de Prepatinaxe e Xogos rítmicos comezarán a súa andaina no CEIP Manuel Murguía a semana que ven. As datas e horarios para as actividades son as propostas por esta ANPA, das que xa vos informamos en anteriores circulares:

Xogos rítmicos: luns e mércores de 16:00 a 17:00
Pre-Patín I: martes e xoves de 16:00 a 17:00

En canto a escola de Predeporte, non chegamos ao número mínimo de alumnos inscritos, polo que vos animamos a que vos inscribades. Realizaranse unhas xornadas de sesións abertas para todos os escolares que o desexen, deste xeito promocionarase a actividade e os alumnos poderán coñecela de primeira man. Manterémosvos informados das datas nas que terán lugar estas xornadas. De non ter máis inscritos verémonos obligados a cancelar a actividade da que, por suposto, se vos devolverá o importe da inscripción.
¡Animádevos a inscribilos!

O grupo de pre-patín I, tamén está xustiño no número de inscritos, así que ainda estades a tempo de pensalo e inscribir aos vosos fillos/as, pasarano moi ben, seguro. Non é necesario que os alumnos de Pre-Patín I acudan o primeiro día cos patíns, podedes aproveitar para falar co monitor e que vos dea algunha recomendación en canto a compra dos mesmos.

¡Que non se vos esqueza!

Comments