Actividades‎ > ‎

Comeza o curso de inglés

publicado a la‎(s)‎ 8 nov. 2011 4:02 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 8 nov. 2011 4:04 por Usuario desconocido ]
 Este xoves día 10 comeza o curso de inglés para alumnos de infantil e primaria do CEIP Manuel Murguía

As clases se impartirán todos os xoves lectivos, de 16:00 a 17:00 para o grupo de primaria e de 17:00 a 18:00 para o grupo de infantil, na aula situada en frente a que se imparta o curso de informática, deste xeito o paso de alumnos dunha a outra actividade, custodiados polos correspondentes monitores, resultará moito máis doado e seguro.

Todavía quedan prazas vacantes nos dous grupos, no de infantil e no de primaria, así que se estades interesados en asistir só tedes que seguir as instruccións que vos explicamos neste artigo anterior.

En principio a actividade está programada de novembro a maio pero podería sufrir variacións ou incluso cancelarse en caso de que os grupos non reciban máis inscripcións, ata completar o número suficiente de alumnos que, a criterio da Xunta Directiva desta ANPA, garantan a viabilidade da actividade.

Por isto, animámosvos a todos a participar nesta actividade plantexada dende un enfoque eminentemente práctico, partindo da conversa e da fala como principal medio de aprendizaxe de calquera lingua.

Comments