Actividades‎ > ‎

Curso de inglés

publicado a la‎(s)‎ 3 oct. 2011 1:23 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 20 oct. 2011 22:51 por Usuario desconocido ]
A ANPA organizaría un curso de inglés impartido por unha profesora nativa en caso de ter demanda entre o alumnado.

Estase a estudiar a posibilidade de organizar un curso de inglés impartido por unha profesora nativa, con experiencia, encamiñado a unha aprendizaxe a través da conversa.

Se trataría de dous cursos dunha hora semanal, un para alumnos de primaria e outro para alumnos de infantil, con grupos de 10 alumnos, e encaixados no seguinte horario:

Grupo de primaria: xoves de 16:00 a 17:00
Grupo de infantil: xoves de 17:00 a 18:00

A actividade duraría todo o curso escolar, dende o presente mes ata maio, cun precio aproximado de 20€ por alumno ao mes, o que suporía un coste duns 5€ por alumno e hora. Coma sempre, a posta en marcha das actividades depende do voso interese e de conseguir o quórum necesario para organizalas. Por iso agradeceríamos que cumprimentásedes o seguinte formulario:


Comments