Actividades‎ > ‎

Deporte no Centro Xaneiro-Xuño

publicado a la‎(s)‎ 9 dic. 2015 3:28 por Usuario desconocido

Como xa se adiantou na Asamblea e se notificou hai uns días por email, no mes de decembro os nenos que están inscritos as escolas do programa Deporte no centro deberán facer os pagos das cotas correspondentes a cada un dos programas para a súa continuidade no mes de xaneiro


Para aquelas persoas que teñen domiciliados os recibos, o pago xa se fixo automaticamente a principio de mes, como se acordou en asamblea para evitar xuntar o pago co das actividades mensuais.


Se queres darte de alta en algunha destas actividades este é o momento ideal. Recolle no tablón da entrada do centro o tríptico e entrégao no buzón da ANPA antes do día día 17 de decembro


Unicamente deben de cubrir a ficha de inscrición os nenos que se incorporen por primeira vez ao programa, así como aqueles que o fagan en actividades diferentes ás que viñan participando.


Unha dudida que xa nos chegou en mais de unha ocasión por necesidade de conciliación: ¿Podo apuntarme a dous grupos de patín? Si, sempre que teñamos prazas libres ... lóxicamente terás que pagar dous actividades.


Nestes intres temos disponibilidade de prazas en:

  • Ritmo: Luns e Mércores 16:00 a 17:00
  • Xogos Rítmicos: Martes e Xoves 16:00 a 17:00
  • Baile Moderno: Luns e Mércores 16:00 a 17:00
  • Patín II B: Martes e Xoves 17:00 a 18:00 


As cotas do programa Deporte no centro de xaneiro a maio/xuño 2016 son as seguintes:


FAMILIAS DE…..

COTAS  (xaneiro a maio/xuño 2016)

1 Fillo/a

20,00 €  por cada actividade

2 Fillo/as

16,00 €  por cada actividade e fillo/a

3 Fillo/as

14,00 €  por cada actividade e fillo/a

Máis de 3 fillo/as

12,00 € por cada actividade e fillo/a

Comments