Actividades‎ > ‎

Durme no cole!

publicado a la‎(s)‎ 10 jun. 2012 16:20 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 27 dic. 2012 1:33 por Usuario desconocido ]
Esta semana rematan as actividades extraescolares e a ANPA As Lavandeiras pecha o curso cunha xornada de convivencia para todos quedando a durmir no propio centro.

Non, non é que digamos que o cole é aburrido e nos fai durmir ¡todo o contrario! queremos convidarvos a que vivades o centro como un espazo educativo participativo, dinámico e de convivencia onde os principais axentes educadores que xiran en torno ao alumno: administración, profesorado e familia teñen cabida.

Como remate de actividades o venres 15 de xuño, organizamos unha xornada de convivencia para todos os que vos queirades apuntar, aínda estamos a traballar na organización pero xa vos adiantamos que:

  • Comezaremos coas actividades ás 18:00, patinaremos todos os que nos animemos ¡lembrade traer os patíns! os monitores nos botarán unha man se non damos freado a tempo... continuaremos con xogos para todos.
  • Ao redor das 20:30 hora cearemos contando coa vosa colaboración culinaria, ¡queremos probar esas receitas que corren de caderno en caderno! De pais a fillos, de nai a nai...
  • Despois da cea ¡non, non marchamos para casa! Haberá máis actividades e quedamos a durmir no cole, ¡traede os sacos de durmir!
  • A mañán seguinte almorzaremos leite, café (nenos non, que xa son movidiños abondo) cacao e esas especialidades de repostería caseira que de seguro levaremos para deleite dos nosos padares.
  • As actividades rematarán ás 12:00 do sábado 16 de xuño.

Será unha xornada de convivencia para compartir e vivir o cole dun xeito diferente, seguro que a disfrutaredes cativos e maiores. Se non vos animades a quedar a durmir, podedes igualmente participar nas actividades, cea, almorzo...

IMPORTANTE: queda terminantemente prohibido roncar, o que supere os 40 decibelios será nomeado presidente da ANPA o curso que ven.


Os alumnos de Educación Infantil que queden a durmir, deberán facelo acompañados dun adulto responsable, Os de Educación Primaria poden quedar sós. Todos os alumnos que queiran participar deberán pagar o correspondente seguro para esta actividade gratuíta. Todos socios da ANPA As Lavandeiras xa teñen unha póliza por este concepto, polo que só deberán cubrir a inscripción.


Podedes descargar a ficha de inscripción dende aquí ou ven facer a inscripción en liña


¡Animádevos a participar!







Comments