Actividades‎ > ‎

Durme no cole 2013

publicado a la‎(s)‎ 25 abr. 2013 15:24 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 25 abr. 2013 15:24 por Usuario desconocido ]
O vindeiro venres día 3 de maio repetiremos a experiencia do ano pasado e quedaremos... a durmir no cole!
Como o curso pasado xa o pasamos tan ben... isto pedía que o repetíramos, así que xa está aquí o Durme no cole 2013. Un xeito diferente de vivir a escola, de compartir unha experiencia todos xuntos, de divertirse, de aprender, de xogar, de ver o colexio dun xeito diferente... 

Comezaremos o venres día 3 de maio ás 18:30 e remataremos o sábado 4 de maio ás 12:00 durmir é opcional, divertirse: obrigatorio.

Alumnos e familias compartiremos, xogos, patíns, cea, sono, e almorzo... acompañarannos algúns dos educadores que conviven cos nosos peques nas actividades das tardes, e tamén necesitaremos a vosa colaboración, coma sempre, para a cea e o almorzo do día seguinte ¡e eu en plena operación bikini! para organizar un pouco mellor isto da manutención, colgaremos no taboleiro de anuncios unha lista onde nos podemos inscribir coa especialidade culinaria que imos levar... para non xuntarnos así con 15 kilos de rosquillas e só unha tortilla, por exemplo... ainda que seguro que as rosquillas non sobraban, non...

Debedes traer esterilla/colchoneta e saco de durmir, o ano pasado quedáronsenos cortas as colchonetas do ximnasio... Os alumnos de Educación Infantil deberán estar acompañados cando menos dun adulto, os de Educación Primaria poderán acudir sós... 

Lembrámosvos que están terminantemente prohibidos os ronquidos de máis de 40 decibelios, este ano non faremos a vista gorda... e non miramos para ninguén... o que exceda este nivel de ruido asumirá a presidencia da ANPA 4 anos consecutivos.

Para inscribiros só tedes que cumprimentar a inscripción en papel ou ben on-line, e abonar na nosa conta 4€ por alumno para os socios, 8 € por alumno para os non socios (acompañantes e irmáns non escolarizados non pagan)


Comments