Actividades‎ > ‎

Durme no Cole 2015

publicado a la‎(s)‎ 6 may. 2015 16:19 por Usuario desconocido   [ actualizado el 14 may. 2015 22:17 ]
NOVA DATA: 29 de Maio. Mais info.

O próximo 22 de Maio, un ano máis, disfrutaremos dunha noite diferente, dunhas horas no cole en familia. A actividade comezará as 18:00h ata o día seguinte.

Debedes traer esterilla/colchoneta e saco de durmir. Os alumnos de Educación Infantil deberán estar acompañados cando menos dun adulto, os de Educación Primaria poderán acudir sós... Se non hai novidades, durmiremos no ximnasio.

Como ven sendo habitual, contamos coa vosa colaboración para preparar a cea e o almorzo do día seguinte. A idea é que cada un traia algo para compartir. 

Este ano tratarase dun evento máis especial porque en paralelo participaremos nunha das actividades da Eco-Escola na que está traballando o colexio. De venres a sábado pola tarde imos darlle vida mediante cores ao valado de cemento que da á estrada entre todos os que se presenten voluntarios (alumnas/os, nais/pais e persoal do centro). Publicaremos un artigo específico con máis información

En canto confirmemos a cea publicaremos o prezo da actividade e o formulario de inscripción.

Reservade a data: Venres 22 a Sábado 23 de Maio



Comments