Actividades‎ > ‎

Durme no cole: 29 de Maio

publicado a la‎(s)‎ 14 may. 2015 22:35 por Usuario desconocido   [ actualizado el 15 may. 2015 5:35 ]
ATENCIÓN: Nova data 29 de Maio

Debido as elecións municipais do próximo 22 de Maio o colexio contará con duas mesas para os votantes da zona do obradoiro. O sábado as 10:00 teñen previsto colocar no ximnasio as mesas e as urnas do colexio electoral e desde ese momento o Ximnasio quedará pechado para evitar manipulacións.

Despois de analizar a situación, creemos que sería moi complicado ter o ximnasio recollido antes das 10 e tamén complicaría o uso das instalacións.



Cambiando o día, o plan mantense como ata agora. Para a cea, e o almorzo do día seguinte, contamos coa colaboración das familias asistentes. O pan e a bebida (incluida a leite do almorzo) correrá a cargo da ANPA.

Para coordinarse e que non falte ou sobre algo, podedes indicar o que traeredes da seguinte forma:

- Comentario na noticia do grupo de Facebook da ANPA:

    
- Na lista que colgaremos na entrada do cole.

Se algún membro da vosa familia ten algunha alerxia ou intolerancia tedeo en conta para traerlle algo específico ou coordinarse con outras persoas.



Comments