Actividades‎ > ‎

Durmir... algo se durmiu...

publicado a la‎(s)‎ 15 may. 2013 5:22 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 15 may. 2013 5:22 por Usuario desconocido ]
Por segundo curso consecutivo cativos e maiores pasamos unha noite no cole, unha forma diferente de vivir a escola en familia.

Colchóns, sacos de durmir, esterillas, e comida a esgalla (toda light) encheron as aulas e o comedor do centro nesta segunda edición do "Durme no cole". 

A sinalización oficial segundo a ISO 7150/3 advertía aos participantes da actividade desta xornada

Pais, nais, educadores das actividades extraescolares e, como non, os alumnos participaron nas actividades organizadas, colaboraron na elaboración dos menús, na limpeza, no acondicionamento das "suites" nunha convivencia sempre enriquecedora que xenera lazos entre as familias, cativos e maiores viviron a escola dun xeito diferente por un día... 

Deixámosvos algunhas fotos desa tarde-noite do 3 ao 4 de maio, non sen antes agradecervos a todos a colaboración, e o bó comportamento en liñas xerais de todos os participantes, sen dúbida o xeito máis didáctico de aprendelo todo: vivilo.


 
Comments