Actividades‎ > ‎

Encontros lúdicos "Jugamos juntos"

publicado a la‎(s)‎ 21 nov. 2011 2:08 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 21 nov. 2011 2:41 por Usuario desconocido ]
Os alumnos de xogos rítmicos participarán nos encontros lúdicos o vindeiro luns 28 e visitarán o CEIP Rosalía de Castro.

Dentro do programa de Deporte no Centro o xogo é un elemento de gran importancia polo seu valor formativo en canto as capacidades perceptivas, habilidades motrices e ademáis fomenta a socialización entre os alumnos que compartirán eses momentos lúdicos nun ambiente distendido.

Os nosos peques de xogos rítmicos acudirán, xunto cos do CEIP Alborada, a estes encontros no CEIP Rosalía de Castro. Será o vindeiro luns 28 de novembro, sairán do colexio en autobús no horario habitual da actividade: ás 16:00 e regresarán ao centro en torno ás 17:50. Para isto é imprescindible que asinedes e entreguedes a autorización que, a monitora da actividade, vos fará chegar a través das vosas fillas/os. Tamén podedes descargala e imprimila dende esta ligazón.

¡Non vos esquezades de devolvela asinada!

IMPORTANTE: se por calquera motivo o alumno non puidera asistir aos encontros, lembrade que ese día non haberá actividade no centro.
Comments