Actividades‎ > ‎

Enquisa - Campacole Nadal 2015

publicado a la‎(s)‎ 1 dic. 2015 5:04 por Usuario desconocido   [ actualizado el 1 dic. 2015 5:10 ]
E outro ano máis chegan as vacacións e con elas o Campacole. Teremos xogos, obradoiros, deportes, ... e ao mesmo tempo as familias poderán conciliar a vida laboral.

O Campacole terá un horario de 8:00 a 16:00, co xantar incluido no prezo. Aqueles que prefieran facer un uso parcial do mesmo, entrando máis tarde ou marchando antes do xantar poderán facelo, pero isto non suporá unha reducción da cota; isto é para cubrir o custe mínimo do mesmo.

En función dos inscritos poderemos ofrecer outras modalidades como días soltos ou sen comida, igual que fixemos no campacole do pasado mes de Xuño. Teremos también opción de actividades en inglés, algo que tivo moito éxito no pasado campacole.

Sabemos que hay xente que os días 24 e 31 teñen un horario diferente, por iso na enquisa preguntamos se o necesitades. 

Os prezos que mostramos son os que temos calculados como máximo para que o campacole saia adiante. ¿Por que o precio é aproximado e as opcións dependen dos inscritos? A ANPA pon os precios en funcion dos custes do campacole, sen que se lle gane, pero tamén sen perder cartos que podan necesitarse para outra cousa.

Cubre a enquisa e en breve publicaremos o precio e opcións finais.

Grazas!!!


Comments