Actividades‎ > ‎

Enquisa Campacole Nadal 2014-2015

publicado a la‎(s)‎ 2 dic. 2014 9:01 por Usuario desconocido   [ actualizado el 3 dic. 2014 0:59 ]

Achégase o nadal e unha nova edición do Campacole :)

Para os novos, contarvos que trátase dun campamento na propia escola, cos seus compañeiros e con monitores tamén coñecidos (das actividades extraescolares) no que teremos xogos, manualidades, música, pequerruta, mais xogos ... 

A idea naceu hai uns anos para facilitar as familias a conciliación dos días laborais cos non-lectivos. Ainda que non fomos quen de organizar a edición do nadal o pasado ano, debido á baixa demanda, xa estamos aquí de novo. Atendendo aos vosos comentarios moitos non necesitábades conciliar todo o nadal polo que o importe a pagar non compensaba o uso que que íades facer así que, este ano, imos facer unha enquisa para preparar unha oferta que satisfaga á maioría. Co número de nenos interesados e os días preferidos poderemos buscar o mellor prezo.

O Campacole terá un horario de 8:30 a 16:00, co xantar incluido no prezo. Aqueles que prefieran facer un uso parcial do mesmo, entrando máis tarde ou marchando antes do xantar poderán facelo, pero isto non suporá unha reducción da cota; isto é para cubrir o custe mínimo do mesmo.

Non está previsto contratar servicio de autobuses.

Coincidindo co campacole organizaremos unha pequerruta preto da escola á que poderánse sumar outras familias que non participen no campacole e que poderan achegar a sua propia comida para xantar todos xuntos no centro ao rematar a ruta.

Agradeceríamos que nos contestedes canto antes para poder organizar o Campacole en función das vosas necesidades

Podedes consultar información dos Campacoles de cursos pasados nas seguintes ligazóns da nosa web:


Para calquera dúbida podes contactarnos en actividades@aslavandeiras.es

Cubre o seguinte formulario:
Comments