Actividades‎ > ‎

Limpeza do Río

publicado a la‎(s)‎ 27 sept. 2015 2:20 por Usuario desconocido   [ actualizado el 27 sept. 2015 2:22 ]
A Asociación de Veciños de Feans, xunto coa asociación ecoloxista Adega, convídannos a participar nun acto simbólico de limpeza do río ao seu paso pola zona das hortas urbanas, preto do Centro Cívico de Feans.

Pensamos que pode ser de interese para participar cos pequenos da casa, achegándose á natureza e a súa conservación dun xeito simbólico a vez que educativo.

O acto comeza as 11:00 cunha pequena charla no Centro Cívico sobre a historia do río Monelos, e a flora e a fauna da zona. Os pequenos poden incorporarse un pouco mais tarde xa para participar na limpeza.

Grazas a todos por partipar no coidado do noso entorno !!



Comments