Actividades‎ > ‎

Eu tamén fun de excursión a Ribeira

publicado a la‎(s)‎ 9 jun. 2011 14:52 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 26 ago. 2011 14:12 por Usuario desconocido ]
O pasado sábado día 4 de xuño, como peche do curso escolar, fúmonos de excursión a Ribeira. Chamamos por teléfono a Meteogalicia e reservamos bo tempo a nome da ANPA, visitamos as dunas de Corrubedo, e aínda que algúns xa ían co traxe de baño posto listos para lanzarse "en bomba", tivemos que agardar ata chegar a praia do Vilar para darnos o tan ansiado chapuzón nas quentes augas atlánticas.


Xantamos a fartar na Muiñada de Amendo onde, ao igual que na festa do Nadal, puidemos comprobar as dotes culinarias das nais e pais ¡así non hai quen comece a operación bikini!
Pasamos alí a tarde entre gaitas, muiños e pinturas para volver a Coruña cara as 21:00.


Prácticamente así pechamos o primeiro curso da ANPA As Lavandeiras no que puxemos a andar a asociación, algunhas actividades extraescolares, a escola de nais e pais, festa de Nadal e de Entroido, a presente web, xestionamos a implantación do comedor escolar que agardamos comece a funcionar o vindeiro curso... Sabemos que non todo foi perfecto, era boa, pero tentaremos melloralo coa vosa colaboración curso tras curso.



Comments