Sábado 4 de xuño: Excursión en familia ao Parque natural do "Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán" O vindeiro sábado 4 de xuño irémonos de excursión a Ribeira para visitar o Parque Natural, darnos unha pequena camiñada e desfrutar da Muiñada de Amendo en familia e en compaña da xente das ANPAs dos centros da zona. Como podedes ver no cartel, haberá andaina fotográfica, contacontos, música, etc... A idea é saír pola mañán e voltar pola tardiña, levaremos a comida para compartir na muiñada, pasaremos un día entretido todos xuntos. Para inscribiros só tedes que cumprimentar a ficha, deixala no buzón da ANPA e abonar o importe da excursión na conta da ANPA As Lavandeiras da oficiña de La Caixa de Novo Mesoiro, ata o mércores 1 de xuño. Tedes todos os datos e a ficha de inscripción dispoñible nesta ligazón. ![]() Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán Se vos interesa participar na andaina fotográfica aquí tedes o cartel, poden participar os maiores de 16 anos que formalicen a súa inscripción antes do día 3 de xuño. Tedes toda a información na súa web. ¡Animádevos a desfrutar do día todos xuntos! |
Actividades >