Actividades‎ > ‎

Excursión de fin de curso

publicado a la‎(s)‎ 8 jun. 2014 6:29 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 8 jun. 2014 6:30 por Usuario desconocido ]
O vindeiro domingo, día 15 de xuño, irémonos todos de excursión á praia de Balarés ¡reservaremos bó tempo!

E é que últimamente o tempo non nos acompañaba moito e tivemos que ir suspendendo diversas saídas que tiñamos programadas... a ver se desta volta chamamos a Pemán ou a Mario Picazo e conseguimos un sol ben redondiño para a excursión do vindeiro domingo día 15 de xuño

https://picasaweb.google.com/101415272295537778135/Balares?authuser=0&authkey=Gv1sRgCPL3hsLR7-bNSg&feat=directlink
A praia de Balarés co seu pinar -no Concello de Ponteceso- estará agardándonos

Coma sempre invitámosvos a todos a virvos de excursión connosco: pais, avós, cativos, profes... Non fai falta moito para pasar un día todos xuntos, que o final é o que buscamos... sairemmos do Centro Cívico de Novo mesoiro as 10:00 da mañá, imos cerquiña para que a viaxe non se lles faga pesada aos máis peques, unha vez chegados ao destino, faremos unha das nosas "pequerrutas" aptas para todos os públicos: uns 3 km rodeando Monte Branco ata chegar á praia e pinar de Balarés. 

Non é necesario que levemos as mochilas ao lombo co cocido, tortillas, empanadas... os autobuses estarannos esperando ao final da ruta. Pero sí estaría ben que para a ruta levemos roupa e calzado adecuado, biseiras, crema protectora, e auga... o sendeiro, aínda que doado, non se pode transitar con sillas de bebé, así que os que levemos aos máis pequenos teremos que portealos.

Se o tempo acompaña, seguro que pasaremos un bo día para rematar este curso

No pinar de Balarés, teremos sitio para xantar -aínda que as mesas de pedra estarán moi cotizadas- xogar, disfrutar da tarde... os máis valientes poderán darse un chapuzón nas atlánticas augas desta praia.

Excursión a Balarés

  • Saída: Centro Cívico de Novo Mesoiro día 15 de xuño ás 10:00
  • Chegada: Centro Cívico de Novo Mesoiro día 15 de xuño ás ~20:00
  • Inscripción: ata o xoves día 12 de xuño, pagando o importe correspondente na nosa conta de La Caixa, e cumprimentando o formulario de inscripción en papel ou on-line
  • Prezos: 9 €/persoa para non socios | 5 €/persoa para socios (de balde os menores de 3 que viaxarán no colo dun adulto)


A ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía resérvase o dereito de cambiar as datas, destino ou incluso de cancelar a excursión por causas sobrevenidas, circunstancias metereolóxicas ou falta de quórum. Decisión que será comunicada aos inscritos oportunamente.

Comments