Actividades‎ > ‎

Excursión en familia para o último domingo do curso

publicado a la‎(s)‎ 9 jun. 2012 2:17 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 9 jun. 2012 2:17 por Usuario desconocido ]
A excursión que estaba programada inicialmente para o 10 de xuño trasládase ao domingo 17 de xuño pola previsión de mal tempo.

Remata un curso máis e do mesmo xeito que o ano pasado queremos convidarvos a todos a pasar un día de convivencia en familia, pequenos e maiores, pais, avós, profes, alumnos... todos os que queirades desfrutar dun día de excursión connosco.

A praia de Balarés, Ponteceso, co seu pinar será onde xantaremos e pasemos a tarde

Tiñamos previsto que fora o domingo día 10 de xuño pero, aínda que somos optimistas, o 90% de probabilidade de chuvia botounos para atrás e decidimos pospoñela para  o vindeiro domingo día 17 de xuño, e ver se a cousa mellora.

Sairemos ás 10:00 do Centro Cívico Municipal de Mesoiro e este ano temos programado ir visitar o Castro de Borneiro en Cabana de Bergantiños. Tamén coñecido como "A cidá" é un dos máis antigos de Galicia. Descuberto en 1924, comezouse a escavar a principios dos anos 30 e crese que puido estar habitado ata o século I A.C. Parte dos obxectos, materiais e restos castrexos atopados na súa excavación están actualmente expostos no Museo Arqueolóxico da Coruña.

O Castro de Borneiro, Cabana de Bergantiños, comezouse a excavar nos anos 30

Xantaremos na praia/pinar de Balarés, no Concello de Ponteceso, onde pasaremos a tarde e, só para os máis incansables, haberá tempo a facer unha pequena camiñada, rodeando Monte Branco ata a desembocadura do río Anllóns... Para os que queiran facer esta ruta, opcional, cos máis cativos, lembrámosvos que non é apta para carriños de bebé, se queredes levalos hai que portealos en mochila/fular/mei tai...

As dunas da praia da Barra do Medio, un aliciente máis para os pequenos camiñantes

A volta está prevista para as ~20:00, que ao día seguinte é luns e a ANPA non se responsabiliza de levantar aos máis peques para afrontar a última semana do curso.

¡Animádevos a pasar un día de excursión todos xuntos!

Podedes inscribiros cubrindo esta circular que vos faremos chegar a través das mochilas dos vosos fillos, ou ven a través do formulario en liña.
Comments