Actividades‎ > ‎

Excursión Fin de Ciclo Primaria

publicado a la‎(s)‎ 14 dic. 2015 6:46 por Usuario desconocido
As rapazas e rapaces do último curso (este ano 5º e 6º) están preparando a excursión de fin de ciclo a Pena Aventura polo que xa están arrancando diferentes actividades para que o custe da mesma sexa para todos os petos.

O ano pasado a excursión celebrouse xunto co CEIP María Pita e foi todo un éxito polo que este ano repetimos a fórmula e o sitio. As datas aínda non se cerraron, podería ser a ponte de Maio ou a primeira
fin de semana unha vez rematado o curso. 


Esta semana van a axudar a preparar a festa de Nadal deste venres 18 as 17:30 (mais info), cos adornos, a preparación das bolsas cos caramelos e faran as veces de camareiros do famoso chocolate das nosas festas que serviran por unha módica doazón de 50 céntimos por vaso.
Tamén están traballando para facer un calendario do 2016 coas fotos das clases para o que necesitan da vosa colaboración, tanto para a autorización das fotos como para adquixición do mesmo :) Podes descargar a autorización do apartado de circulares (click aquí) e enviala na mochila.
    

 
Ainda que non sexa propiamente unha actividade da ANPA, colaboramos cos nenos e cos pais para levala a cabo, de forma que leven outro bo recordo do seu último ano na escola.


Comments