Actividades‎ > ‎

Excursión: O Cebreiro

publicado a la‎(s)‎ 5 mar. 2014 4:35 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 10 mar. 2014 2:17 por Usuario desconocido ]
Este sábado día 8 ímonos en busca da neve ao Cebreiro, animádevos a vir connosco!



Si, sabemos que é un pouco precipitado pero... ¡dan bó tempo e acaba de nevar! así que este sábado (siiii en tres días) imonos de excursión na busca da neve (ou do Yeti, vai ti saber) ao Cebreiro, decidimos facelo todo faciliño faciliño e ¡rápido! así que atentos aos datos:

  • Prezos: 20 €/persona no socios, 15 €/persona socios. Viaxe e comida incluída. Os menores non escolarizados van gratis.
  • Saída: ás 10:00 do Centro Cívico de Novo Mesoiro.
  • Comida: en restaurante Casa Carolo.
  • Chegada: ~20:00 ao Centro Cívico de Novo Mesoiro.
Prazas limitadas

É moi importante que confirmedes a asistencia e paguedes canto antes, dado que contamos con moi poucos días para organizar a saída. 

Agradecémosvos que fagades a inscripción a través do formulario online e o pago por transferencia, ou no caixeiro. De todas formas, mañá xoves haberá unha persoa da ANPA no centro facendo os cobros de 16:00 a 18:00.

¡Animádevos a vir, pasarémolo ben!
Comments