Chega o fin de curso así que, seguindo a tradición, temos que ir de excursión. Nesta ocasión realizaremos unha pequerruta seguindo a Ruta da Auga e dos Sete Muiños de Guitiríz, con visita guiada aos muiños e un precioso paseo sen desniveis xunto ao río con vexetación autóctona da riberira e carballos de gran riqueza. Veremos lugares de inigualable beleza, pontes, muiños, fontes de augas medicinais, teremos tempo para descansar, xogar, merendar... A viaxe en autobús será curta, saindo dende o Centro Cívico de Novo Mesoiro para chegar alí a media mañá. Non teremos que cargar coas mochilas, o autobus deixaranos ao principio da ruta e esperará por nós ao final do percorrido. ![]() Cada familia deberá traer as súas merendas e comida. Levade roupa e calzado cómodo, gorra, crema para o sol e incluso bañador/toalla por se temos oportunidade de darnos un baño.
*Nota: os seguros únicamente cubren aos nenos. |
Actividades >