Actividades‎ > ‎

Excursión Xuño. Castro de Baroña - Praia de Cabío

publicado a la‎(s)‎ 29 may. 2016 10:10 por Belén Arias García   [ actualizado el 6 jun. 2017 3:18 por María Romero Roel ]

Chega o fin de curso así que, seguindo a tradición, temos que ir de excursión. Nesta ocasión realizaremos unha visita o Castro de Baroña en Porto do Son. O mais importante e mellor conservado castro de Galicia. Este poblado da Idade de Ferro e un exemplo representativo de "castro costeiro". Esta situado sobre unha pequena península que se adentra no mar.



A idea e facer unha pequena ruta (non apta para carritos de bebe) dende o Centro de Interpretación, onde nos darán unha pequeña explicación, ata o castro.


Despois se o tempo nos acompaña iremos hacia a Praia de Cabío para facer boa conta dos manxares que levará cada familia. E os que se atrevan poidan darse un bo baño.


Cada familia deberá traer as súas merendas e comida. Levade roupa e calzado cómodo, gorra, crema para o sol e incluso bañador/toalla por se temos oportunidade de darnos un baño.


Veremos lugares de inigualable beleza, teremos tempo para descansar, xogar, merendar...


Dependendo da metereoloxía podemos cambiar a data polo seguinte domingo ou cancelar a excursión.



  • Día: 10 de Xuño.

  • Horario: 09:00 a ~20:00 (saida e chegada ao Centro Cívico de Novo Mesoiro)

  • Prezo Socios: 8€ / persoa inscrita (desconto incluido)*

  • Prezo Non-Socios: 12€

  • Menores de 3 anos:  0€ (sempre que non ocupen asento. Non contarán con seguro)

  • Fecha límite de inscripción: 9 de Xuño (ou ata que se complete o bus)


Lembra facer o ingreso/transferencia na conta da ANPA ES84 2100 5876 2802 0003 1785 para completar a inscripción. Concepto: Indica o nome + excursión.


Comments