Actividades‎ > ‎

Festa de Nadal

publicado a la‎(s)‎ 10 dic. 2013 2:46 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 10 dic. 2013 2:46 por Usuario desconocido ]
O venres 20 de decembro, a partir das 17:00 celebraremos a xa tradicional festa de nadal no cole.

Organizaremos xogos, os alumnos de baile sorprenderannos cos seus pasos, merendaremos todos xuntos, felicitarémonos as festas un ano máis, e algunha que outra sorpresa máis.

Para isto, contamos coma sempre coa vosa participación, e como a gastronomía non pode faltar agradecerémosvos que nos sorprendades coas vosas especialidades culinarias, que algúns (os máis larpeiros) xa esperan ano tras ano... 

Non é necesario que fagades para un reximento, que sempre sobra: unha ducia de magdalenas, esas galletas invisibles (que son visto e non visto) ese biscoito da avoa... para "racionalizar" un pouco a merenda, deixaremos esta tarde no taboleiro de anuncios da ANPA (coma fixemos o curso pasado) unha lista onde poderemos ir apuntando o que imos levar cada un e ver o que vamos preparar os demáis... por iso de non acabar con sobredosis de tarta de mazá -por exemplo- e non ter nin unha galleta :)

Coma sempre, convidámosvos a todos a asistir: alumnos, papás, avós, profes... 

¡Animádevos a participar!
Comments