Actividades‎ > ‎

Festa de Nadal da ANPA- 18 Decembro 17:30

publicado a la‎(s)‎ 3 dic. 2015 15:18 por Usuario desconocido   [ actualizado el 3 dic. 2015 15:26 ]

O venres día 18 de Novembro, a partires das 17:30 horas chega o Nadal ao Colexio Manuel Murguía. Para celebralo coma a gran familia que somos, este ano imos organizar unha festa con moitas novidades:


  • Animadores caracterizados de Nadal que farán que os nenos non poidan parar

  • Realización de xogos, cancións, bailes, cantaxogos, etc.

  • Material festivo e de xogos

  • Discoteca con música variada e panxoliñas

  • Reparto de caramelos, etc.


Resultado de imagen de dibujo infantil de navidad

    

Ademais como xa ven sendo tradicional, farase unha chocolatada, cortesía de Jardanay, onde poderemos mercar unha taza de chocolate por 0,5€ no posto que montarán os rapaces do último curso. O que se recaude irá integramente para a súa excursión de fin de curso.


Faremos tamén unha merenda-cea no comedor do colexio. Para elo necesitamos da vosa colaboración aportando algo para poñer en común (sándwiches, empanada, tortilla, bizcoitos…) das bebidas xa nos encargamos dende a ANPA.


Animámosvos a participar nesta festa pensada para que os nenos e non tan nenos, disfruten dunha tarde cos seus compañeiros/as e familia.


Un saúdo e Felices Festas¡¡¡

    http://vello.vieiros.com/nadal97/imaxes/titulobonadal.gif

Comments