Actividades‎ > ‎

Fin das actividades extraescolares 2010-2011

publicado a la‎(s)‎ 9 jun. 2011 13:40 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 9 jun. 2011 14:31 por Usuario desconocido ]

Rematan os cursos de inglés e informática programados pola ANPA As Lavandeiras en colaboración coa Obra Social da Fundación "La Caixa"

Disque todos os comezos son difíciles, esta ANPA aínda non conta cun ano de vida, queda moito por facer, pero xa levamos un anaco andado... este curso puxemos en marcha a modo de ensaio dous cursos para os máis cativos: informática e inglés. Enchéronse o total das prazas ofertadas nas dúas actividades, o que nos anima a repetir de cara ao vindeiro curso.
Queremos darlle as grazas ao Centro de Formación O Galego.es e a The New Study Hall por colaborar na formación dos máis cativos, por suposto a
Obra Social da Fundación "La Caixa"
e a todas as persoas que están detrás, por apoiarnos dende o principio e facernos doado o máis difícil. E xa que estamos de agradecementos, tamén queremosvos dar as grazas a todos os socios, que coa vosa implicación na ANPA sodes os que facedes posible que todo isto sexa unha realidade. 

O pasado venres pechouse o curso de inglés coa entrega de diplomas, e o luns púxose o punto final ao curso de informática ¡vémonos o curso que ben!
Comments