Actividades‎ > ‎

II Torneo de Fútbol Sala - Aberta inscripción

publicado a la‎(s)‎ 25 abr. 2016 4:26 por Belén Arias García
Estase a organizar o II Torneo de Fútbol Sala entre colexios públicos da Coruña, de novo organizado polas distintas ANPAS participantes. Na primeira edición o equipo que se formou no colexio Manuel Murguia acadou o primeiro posto, levando ademais un alumno de 2º de Primaria do noso cole a copa ao mellor xogador do torneo. Nesta ocasión o torneo terá lugar o sábado día 28 de Maio no pabellón do Ventorrillo.

De novo, a idea principal é que todos os equipos xoguen, a lo menos, dous ou tres partidos durante o torneo. En canto ás categorías, decidíronse as mesmas que na anterior ocasión:

En canto ás categorías decidíronse as seguintes:

  • Iniciación: 4º, 5º e 6º de Educación Infantil
  • Prebenxamín: 1º e 2º de Primaria
  • Benxamín: 3º e 4º de Primaria
  • Alevín: 5º e 6º de Primaria.

Aqueles alumnos e alumnas do colexio que estean interesados/as en participar, deberán anotarse no seguinte formulario ou facernos chegar a circular que sera repartida no colexio a todos os nenos.


Todos/as os/as participantes, deberán estar acompañados por un responsable durante esta xornada lúdica.


II Torneo Fútbol Sala


Comments