Actividades‎ > ‎

Ímonos á neve: O Cebreiro 2016

publicado a la‎(s)‎ 16 feb. 2016 4:00 por Belén Arias García   [ actualizado el 16 feb. 2016 5:09 ]
Este sabado día 20 ímonos en busca da neve ao Cebreiro, animádevos a vir connosco!

Como todos sabedes na planificación inicial das actividades estaba prevista unha excursión a neve para o 21 de Febreiro, debido a problemas para atopar restaurante para ese día vimosnos obrigados a cambiala de fecha.

SABADO 20
A BUSCAR A NEVE

Estabamos esperando pola neve, que parece que xa chegou, e tamén por un pouco de bon tempo, que si non nos falla Meteogalicia parece que para o Domingo dan sol. Así que este sábado ímonos de excursión na busca da neve (ou do Yeti, vai ti saber) ao Cebreiro, decidimos facelo todo faciliño faciliño e ¡rápido! así que atentos aos datos:

  • Prezos: 20 €/persona no socios, 15 €/persona socios. Viaxe e comida incluída. Os menores non escolarizados van gratis.
  • Saída: ás 09:00 do Centro Cívico de Novo Mesoiro.
  • Comida: en restaurante Casa Carolo.
    • Menú:
      • 1º Pasta boloñesa
      • 2º Polo asado
      • Postre: helado
      • Pan e bebida
      • O cafe vai pola tua conta.
  • Chegada: ~19:30 ao Centro Cívico de Novo Mesoiro.
Prazas limitadas

Todos os nenos deben ir acompañados de un adulto que se faga responsable deles.

É moi importante que confirmedes a asistencia e paguedes canto antes, mediante transferencia bacaria na conta da ANPA, ES84 2100 5876 2802 0003 1785 como sempre indicando nome+excursión dado que contamos con moi poucos días para organizar a saída.(Fecha límite Xoves 18)

Agradecémosvos que fagades a inscripción a través do seguinte formulario:


Comments