Actividades‎ > ‎

Inaugúrase o curso de informática 2011

publicado a la‎(s)‎ 11 ene. 2011 15:24 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 11 ene. 2011 16:04 por Usuario desconocido ]
Hoxe, martes 11/01/2011, arrancou o primeiro curso de informática organizado pola ANPA As Lavandeiras. Estiveron na inauguración Eva Landeira, directora da oficina de La Caixa en Mesoiro, como representante desta entidade que colabora con esta actividade, Ana Berta Martínez, directora do CEIP Manuel Murguía, a vicepresidenta da ANPA Uxía Pérez e o presidente da mesma Daniel Cameselle. O primeiro que se atoparon ao chegar a aula estes pequenos Bill Gates, foi un cartafol, un lápis e ¡unha bolsa de chuches! ¡iso sí que motiva para poñerse ante o ordenador!
Non sabemos que é o que acabarán facendo cando remate o curso aló polo mes de xuño, pero hoxe nos sorprenderon cunhas magníficas obras de arte a golpe de rato, e cunhas tartas que mesmo daban ganas de comelas...

Isto sí que é un posado, e o demáis son lerias

Lembrade que podedes ver todas as imaxes deste día na sección Multimedia>Fotos

Agardamos que o disfruten, que lle saquen moito partido, e... se teño sorte... ao mellor aínda me botan unha man con esta web.
 
Comments