Actividades‎ > ‎

Inaugúrase o curso de Inglés 2011

publicado a la‎(s)‎ 6 feb. 2011 3:14 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 6 feb. 2011 3:54 por Usuario desconocido ]
O pasado venres 04/02/2011 ás 16:30 os máis cativos do CEIP Manuel Murguía comezaban as súas clases divertidas clases de inglés... En principio ían ser 10 alumnos pero o número duplicouse ao sumarse á clase os peluches que nos tiña preparados Mary Carmen Ferreiro -the teacher- así que cando se puxeron a cantar mesmo parecían unha coral polifónica.

Os máis cativos do cole preparados para comezar as clases en The New Study Hall

Inauguraron o curso Daniel Cameselle, presidente da ANPA As Lavandeiras, Mary Carmen Ferreiro, propietaria de The New Study Hall, e Eva María Landeira, directora da oficiña de La
Caixa de Mesoiro, que ademáis de subvencionar o curso a través da Obra Social da Fundación "La Caixa" sempre nos sorprende con algún detalle ao comezo das actividades para que estes peques comecen aínda máis motivados -se cabe- as clases.

Lembrámosvos que, coma sempre, poderedes ver todas as fotos desta actividade na sección Multimedia>Fotos da nosa web, agardamos que os máis peques desfruten destas amenas clases de inglés, e entre canción e canción vaian aprendendo sen case darse conta... ¡se cadra agachándome un pouquiño ata podo asistir eu!





Comments