Actividades‎ > ‎

Inglés. Preinscripción 2012-2013

  • Grupo A: alumnos de primaria, todos os martes e xoves de 16:00 a 17:00 dende o día 4 de outubro ata o 30 de maio. Prazas ofertadas: 10

  • Grupo B: alumnos de infantil, todos os martes de 17:00 a 18:00 dende o día 9 de outubro ata o 28 de maio. Prazas ofertadas: 10

  • Grupo C: alumnos de infantil, todos os xoves de 17:00 a 18:00 dende o día 4 de outubro ata o 30 de maio. Prazas ofertadas: 10

O prezo (inclúe seguro escolar) trimestral é:

Alumnos de primaria: 115 €/trimestre por alumno (100 € para socios)

Alumnos de infantil: 58 €/trimestre por alumno (50 € para socios)

Bolsas de estudo de La Caixa: para os alumnos deste curso inscritos nesta actividade a Obra Social da Fundación “la Caixa” ofrece unhas bolsas de estudo para todos aqueles alumnos que cumpran estes 3 requisitos:

  1. Ser socio da ANPA As Lavandeiras.
  2. Ter ou contratar unha Megalibreta na oficina de La Caixa de Novo Mesoiro a nome do alumno.
  3. Asistencia regular e abono dos tres trimestres dos que consta o curso.

A contía por alumno e curso destas bolsas ascende a 50 € no caso dos alumnos de infantil, e de 100 € para os alumnos de primaria.


Organiza: ANPA As Lavandeiras, coa colaboración da oficina de Novo Mesoiro e da Obra Social da Fundación "la Caixa"