Actividades‎ > ‎

Inicio das actividades extraescolares

publicado a la‎(s)‎ 26 sept. 2013 5:07 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 26 sept. 2013 6:04 por Usuario desconocido ]

O vindeiro martes 1 de outubro comezan as actividades extraescolares no CEIP Manuel Murguía, con algunha variación no calendario previsto.

Cadrar o horario de actividades extraescolares non é tarefa doada, unha vez escoitadas as suxestións das familias, xa no mes de xuño, elaborouse unha oferta que, como sabedes se vos transmitiu e abriuse o periodo de inscripción. 

Feito o orzamento, estudiados os espazos, e a vista do número de inscritos, vémonos obrigados a pechar algunhas das propostas por falta de inscripcións o que fai inviable a actividade, e cambiar algunhas de horario e data para encaixar. 

Deixámosvos os horarios "definitivos" -entre comiñas por se houbera algunha modificación de última hora- de actividades para o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria. Nestas ligazóns poderedes consultar sempre a última versión do horario (é actualizable).

Por se a vista dos cadrantes non vos dades conta dos cambios vos facemos un resumo das baixas e modificacións:
  • Judo B dos luns e mércores ás 17:00, non sae, os alumnos deste grupo que o desexen poderán cambiar a inscripción ao grupo Judo A que vai os mesmos días ás 16:00.
  • Non hai quórum para ningún dos grupos de inglés, co cal se suspenden todos os grupos, aínda que seguiremos pendentes das vosas demandas por se saíse algún.
  • O "proxecto enxebrando" e os obradoiros dos venres desaparecen da oferta.
  • O grupo D de informática dos venres ás 17:00 tampouco se organizará.
  • O grupo de xadrez, pasa aos martes e xoves de 16:00 a 17:00, permitindo así aos alumnos de 6º de infantil de prepatín I que xa patinaron no curso pasado, inscribirse no grupo de prepatín II e ter cuberto o horario de 16:00 a 17:00 con xadrez.
  • A actividade co ábaco, dada a demanda das familias será organizada por Nenoos e atendendo as vosas propostas de horarios terá 2 grupos: un o luns e mércores de 16:00 a 17:00 para alumnos de 5 a 8 anos e outro para alumnos de 3 e 4 os mércores ás 16:00 (unha hora semanal). Importante facer a inscripción nas follas de Nenoos dispoñibles no taboleiro de anuncios (depositala cuberta no noso buzón).


Salvo nas actividades que non saíron adiante anteriormente relacionadas, todos os alumnos foron admitidos nas actividades e horarios solicitados.

As actividades comezarán o martes, 1 de outubro

Entendemos que a vista desta nova redistribución podedes necesitar facer algún cambio nas vosas inscripcións, de ser así enviade canto antes as vosas dúbidas ou modificacións a actividades@aslavandeiras.es.

A devolución do importe das actividades abonadas que non sairon a diante se realizará a semana que ven de martes a venres de 16:00 a 17:00.






Comments